El propietario
Casa rural situada no corazón da vila ourensá de Manzaneda, na fermosa Ribeira Sacra.
O Pazo da Pena foi unha casa señorial fundada en 1759, construída sobre unha rocha xigante, razón pola cal recibiu ese nome. Atópase integrado no miolo da aldeíña de Rozavales, pertencente á vila ourensá de Manzaneda, na fermosa Ribeira Sacra do río Bibei.
Recentemente renovado, respectando a súa singularidade, o Pazo da Pena reabre as súas portas como estabelecemento de turismo rural de Categoría Superior, Grupo A – Pazo, combinando a máis alta calidade e confort, ca fin de ofrecer aos nosos hóspedes unha experiencia única e inesquecible.
O Pazo da Pena Manzaneda conta con 15 cuartos exclusivos, con nomes e personalidades de seu, proxectadas para crear un espazo cálido e acolledor para o descanso.
Todos os cuartos do establecemento dispoñen de climatización, WIFI, TV de pantalla plana, mesa de traballo, minibar, baño privado con artigos de hixiene persoal, secador de cabelo, bañeira e/ou ducha, albornoces, zapatillas, caixa forte, roupeiro e servizo de lavandería.
Leer más



+46